Connect with us

Cartas al director

Cartas al director: «Carta dun mestre polas graves deficiencias no Ceip Juana de Vega de Nós»

Publicado

en

Ceip Juana de Vega de Nós

Son mestre especialista de Educación Física no Ceip Juana de Vega de Nós. Mestre e pai, xa que o meu fillo está matriculado en dito centro.

Dende Infoleiros.com déronme a oportunidade de darlle visibilidade ó que é a verdadeira realidade deste colexio, e iso pretendo nas seguintes liñas.

Por qué digo “a verdadeira realidade”? Porque cando un chega por primeira vez a este colexio, leva unha moi grata impresión. É o centro educativo máis novo de Oleiros, e o máis novo no que traballei nunca. Este ano cumpre oito anos, dos cales eu estou no meu cuarto coma mestre con destino definitivo nel.

É un edificio bonito, cunha ubicación tranquila e rodeado de espazos verdes. De construcción moderna e visualmente atractiva.

E ahí acaba todo o bó.

Advertisement

Sen entrar na calidade das edificacións (goteiras por todas partes, augas estancadas, barro e pedras por doquier, pistas e patios anegados, …) cae a alma ós pés cando un comproba como as minúsculas aulas están construida cos mínimos m2 que permitía a lei. Xusto ó mínimo.

25 cativos/as non teñen cómo moverse en tan reducido espazo. Por primeira vez nos meus anos como docente, me atopo cun colexio no cal os mestres/as non teñen sequera espazo para dispor de mesa propia. Ou alumnos ou mesa de profe. Ambos non caben.Os cativos/as vense na obriga de deixar abrigos e mochilas nos pasillos, xa que nas aulas non hai espazo (literalmente) para tal fin. Houbo que poñer colgadores nos pasillos, pasillos que para colmo teñen unha estreitez impropia dun centro escolar.

Ceip Juana de Vega de Nós

Resultado? Os nenos/as teñen que saír da aula cada vez que precisan coller libros, material, etc. co conseguinte caos (falamos de varias aulas por pasillo e dun ancho de pasillo similar ó dun piso residencial).

Xa non falemos da inexistencia de aulas para uso de laboratorio de ciencias, de inglés ou outros luxos semellantes. Os pasillos, eses pasillos de metro e medio de ancho, convírtense en improvisada zona de traballo xa que dentro das aulas resulta directamente imposible.

En cuestión de equipamento exterior, o colexio segue sen ter patio cuberto en infantil (se chove os cativos non poden saír en toda a mañán) e conta cun minipatio cuberto para primaria. Ampliado agora grazas ó concello, se ben algo saíu mal porque cando chove resulta totalmente impracticable xa que a auga encharca todo e para colmo é unha pista de “patinaxe” onde xa fun testigo de caídas tan aparatosas como perigosas. E máis que van vir.

Advertisement

Ceip Juana de Vega de Nós

Temos un miniximnasio que é unha cucada. Por fóra parece monísimo. É o entrar cando un se da de bruces coa realidade. Desenvolver nese espazo unha clase de Educación Física con máis de 12 rapaces é unha absoluta quimera. Non teñen por onde moverse, xa non falemos de actividades que impliquen correr. Faise o que se pode. Incluso máis do posible.

Pero cumplir cos mínimos plasmados no currículo de Educación Física é total e absolutamente inviable. Para compensar, e rizando o rizo do absurdo, contamos con duchas nos vestiarios e cun macrotermo eléctrico para quencer a auga. Por suposto está sin todo sen estrear. Por certo, ese macro termo ocupa gran parte do mini almacén do que dispoñemos para gardar o material, así é que gran parte dese material ten que buscar acomodo noutros espazos, como por exemplo dentro das duchas dos vestiarios ou na ducha do despachiño do mestre (sí, temos ducha tamén. Xamáis entenderei qué pasaba pola cabeza do arquitecto/a. Xamáis).

Ceip Juana de Vega de Nós

Para compensar a falta de espazos, contamos cunha pista exterior de cemento. Mal construída, mal orientada e esvaradiza en días húmidos.

Mal construída porque esa superficie de cemento sen recubrir e sen nivelar é absolutamente impropia das instalacións dun centro educativo do século XXI.

Mal orientada porque unha das porterías queda xusto (pero xusto!) orientada co sol. De forma que resulta totalmente imposible xogar cara ese lado da pista sen queimar as retinas. A outra portería, a que podemos empregar, ten xusto detrás un aleiro do ximnasio. Un aleiro plano. PLANO. Imaxino que non é preciso redundar en explicacións do que acontece cando hai un tellado plano detrás dunha portería. Desolador.

Advertisement

E esvaradiza porque o acabado é tan noxento (as cárceres teñen mellor equipamento), quecalquer orballo a convirte nunha pista de patinaxe sen nada que envidiar ó tamén esvaradizo patio “cuberto”.

Para colmo de desfeitas, o censo do centro vaise este ano xa por riba dos 400 alumnos/as, co cal a suma de horas de Educación Física supera as 25 horas (5 por día) das que se pode dispoñer no “ximnasio”. Así é que, un dos mestres imparte a clase no ximnasio cos máis pequenos, e outro (neste caso un servidor) fai o que pode no exterior, cos cativos abrigados e sen saber nunca se poderá levar a cabo a programación diaria do día seguinte xa que dependemos totalmente da climatoloxía.

Ceip Juana de Vega de Nós

Que algún alto cargo me veña a explicar, por favor, qué podo facer eu cos cativos/as en
xaneiro, en febreiro… cando as temperaturas ronden os 5 graos a primeira hora da mañá e as choivas con vento cruzado nos impidan empregar o patio cuberto. Que nos expliquen, porque sinceramente o precisamos, de qué modo podemos cumplir a nosa programación, xa non digo no exterior, senón no noso miniximnasio de absurdas dimensións liliputienses. Que me veñan a explicar qué podemos facer no colexio máis novo de Oleiros. Así polo menos entenderían o motivo polo cal estou máis desanimado que nunca nos meus case 20 anos como docente. Disque as penas compartidas son menos. Pois temos moito que compartir.

Se alguen quixera comprender mellor a situación exposta nestas liñas, pode atopar fotos das instalacións e o “equipamento” na páxina do Facebook “Educación Física-Ceip Juana de Vega-Oleiros”.

Hai cousas que xa teñen difícil ou imposible solución, pero outras sí a teñen. Por favor, non vos conformedes con esta desfeita para os vosos fillos/as, sobriños/as, netos/as, etc…

Advertisement

Loitemos xuntos por conseguir que o Ceip Juana de Vega de Nós conte cos mesmos recursos e instalacións que o resto de centros do concello.

Grazas

 

Firmado: David R.

 

Advertisement

Recuerda, si tienes algo que contarnos y quieres que lo publiquemos, puedes enviarlo a infoleiros@gmail.com

Continuar leyendo
Advertisement Diseño web Coruña spot_img
1 Comment

1 Comment

  1. José

    16 enero 2023 at 11:37

    Hola, gracias por compartir esto, que se puede hacer para cambiar la situación? A qué organismos hay que tocar?

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Más leido